Leave tomorrow, live tonight.

Celtismo é o que levo gravado no peito.
15 mayo 2013 | 20:31 | 0 Coments.
Son do Celta, por enriba de todo. Dáme igual a categoría, o posto, os puntos. Ser do Celta é algo que vai moi dentro. Estou segura que nuns anos estará alí arriba, loitando cos máis grandes e eu seguirei na bancada, animando como nunca.

































Lucindo celeste por Bilbao.



Cando entro en Balaidos, todos os problemas e  preocupacións desaparecen da miña cabeza e céntrome en animar, en gozar dos 90 minutos cos meus amigos, apoiando aos rapaces que saltan ao campo para defender as miñas cores.

Non pretendo que o entendades, se sodes dos equipos grandes, vos estades acostumados a celebrar títulos cada dous por tres, e para min, que o meu Celta se leve os 3 puntos dáme horas de vida, de felicidade, déitome cun sorriso e érgome cun máis amplo. A felicidade inunda o meu día, e luzo orgullosa a celeste.


Non é fácil esta situación, acabamos de ascender e estamos case en segunda de  novo. É duro ver como nos rouban partido tras partidos, con tarxetas inxustas, con penaltis que se inventan e anulando goles en fora de xogo, onde a defensa se atopa 3 metros por diante. É inexplicable a rabia e a impotencia que sinto só de pensar niso, en que nos queren fora de máis alta categoría. Non o logro entender. Nunca nos queixamos, e supoño que iso é o que queren, afundirnos máis. Os equipos grandes, os que menos deben facelo son os que máis se queixan, e son aos que máis axudas se lles da, para todo, só temos que ver os nosos horarios... chegamos a ter 3 partidos en 7 días, con apenas 2 días de diferenza... xa me diredes...



En resumo, pase o que pase. Celtismo é o que levo gravado no peito. A miña paixón, o motivo dos meus sorrisos. Orgullosa de pertencer a esta familia, que tanta xente marabillosa estame a dar.  SEMPRE CELTA.

Older Post | Newer Post
Me.



La música y la fotografía resumen mi vida. Podría pasarme horas tirada en algún lugar delante de una buena fotografía y con una buena canción sonando en mi auriculares. El Real Club Celta de Vigo es mi pasión, ellos son mi felicidad.

Follow Veeromcflyer on Twitter

www.flickr.com
Éste es un módulo Flickr que muestra fotos o videos públicos de Nothing Personal. . .. Crea tu propio módulo aquí.